A Consellería de Cultura outorga as subvencións para a próxima tempada

Cen millóns para 25 compañías

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Vintecinco compañías galegas de teatro veranse beneficiadas polas axudas á producción da Consellería de Cultura, e 28 obras contarán con subvencións para a súa distribución fóra de Galicia. Un total de 100 millóns de pesetas. A convocatoria deste ano mantén o baremo de méritos de tempadas anteriores, incrementando nun 20 por cento a contía para os titeres e mantendo o apartado de novos valores.

Compañías beneficiadas

Os 74 millóns de axudas á producción de espectáculos reaceron nas compañías Teatro do Noroeste, Teatro Galileo, Manivela Produccións, Uvegá Teatro, Sarabela Teatro, Teatro da Lúa, Teatro de Aquí, Teatro do Atlántico, Teatro do Adro, A Factoría Teatro, Ollomoltravía, Mohicania, Espello Cóncavo, Alalá Produccións, Ningures Produccións, Os Quinquilláns, Produccións Librescena, Áncora Produccións, Títeres Falcatrúa, Títeres Viravolta, Kukas Produccións, Títeres Trompicallo, Trécola e Títeres Cachirulo.
Dentro das axudas a novas tendencias, que se estableceron por primeira vez, foi beneficiada a compañía Teatro Bruto.

Distribución de obras

Ademais das compañías, vinteoito obras verán subvencionada a súa distribución cun total de 24 millóns de pesetas, especialmente para aquelas xiras por outras comunidades autónomas. Neste apartado resultaron beneficiadas Áncora Produccións, Ollomoltranvía, Ningures Produccións, Sarabela Teatro, Mohicania, A Factoría Teatro, Teatro Noroeste, Teatro do Atlántico, Artello Alla-Scala e Títeres Cachirulo.

Criterios

Para outorgar estas axudas, a Consellería baseouse nun baremo de méritos negociado entre o IGAEM e representantes das diferentes compañías. Dentro dese baremo, tívose en conta a traxectoria da compañía, o formato da producción ou o autor, ademais de considerar a capacidade de producción, distribución, autoxestión, publicación de material didáctico e número de traballadores entre outros

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Consellería de Cultura, Teatro do Atlántico, Sarabela Teatro...