As obras da Catedral de Santiago tiran á luz unha nova estatua románica

A figura masculina mutilada atribúese ao chamado Mestre dos Panos Mollados

8/9/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Sala de Gramáticos do Pazo de Xelmírez acollía onte a presentación do novo achado escultórico que se realizou no curso dos traballos de rehabilitación da catedral de Santiago. Representantes do Cabido, da Consellaría de Cultura e do Consorcio daban a coñecer publicamente a figura masculina mutilada que apareceu na parte baixa da torre das campás durante as excavacións arqueolóxicas que se realizaron en novembro de 2016. A peza descubriuse cando se abría un muro para extraer a estatua atribuída ao Mestre Mateo que aparecera na mesma cámara. A nova escultura fora reutilizada como material construtivo e adscríbese polas súas características ao chamado Mestre dos Panos Mollados, un artista ou taller que traballou nas obras da cateral cara ao ano 1170 e da que se conservan outras tres pezas no No Museo Catedral. As mesmas presentan como característica común un coidado traballo na representación dos pregues e das vestiduras.

Logo de ser sometida a unha profunda limpeza dos morteiros que tiña adheridos, a peza poderá verse ata o 11 de setembro na propia Sala de Gramáticos do Pazo de Xelmírez, e posteriormente viaxará a Madrid onde fará parte da mostra El poder del pasado. 150 años de arqueología en España. Despois deste periplo, depositarase no Museo da Catedral.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Pazo de Xelmírez, Torre...

Claves

Entidades
Conceptos