Miguelanxo Prado compite en dúas categorías dos Premios da Crítica de Cómic

O autor galego compite nas categorías de mellor guión e toda unha carreira

A presenza galega na décimosétima edición dos Premios da Crítica de Cómic estatais teñen nome propio. Miguelanxo Prado é o único autor do país nominados nestes galardóns que convoca a editorial Dólmen e que se entregan este 16 de setembro na clausura das XXII Xornadas de Cómic de Avilés. Prado aspira a se facer co premio ao Mellor guionista nacional pola súa última obra, Presas Fáciles. Na categoría compite con Jaime Martín, Rayco Pulido, David Sánchez e Antonio Altarriba. Ademais, o galego pode se facer co recoñecemento a toda unha carreira, no que ten como competidores a Enrique Sánchez Abulí, Antonio Altarriba, José María Beá e o recentemente falecido Alfonso Azpiri.