O Festival dos Eidos chega este ano á súa terceira edición e ven de presentar o programa para os seus tres dÃas entre o 25 e o 27 de Agosto en Parada do Courel. O Festival dos Eidos é unha proposta cultural que explora os lÃmites da Literatura Expandida, os vÃnculos e interaccións entre a poesÃa e outras expresións artÃsticas, en especial a música e as artes escénicas, asà como a súa relación co territorio e o medio natural. A casa-museo de UxÃo Novoneyra e os seus arredores serán de novo o lugar que acollerá este especial evento no que se poderá ver diferentes expresións artÃsticas ligadas á Literatura: recitais, concertos, artes escénicas e do corpo, roteiros e visitas guiadas, obradoiros, actividades para cativos e exposicións. Este ano os poetas invitados serán Juan Carlos Mestre, Teresa Moure, Xabier Xil e MarÃa Sanchez. Entre os grupos musicais están Ultraqans, Hard Gz, MounQup, The Alley Stompers, Ico Sonoro e Canela Cafuné. A programación completa e detallada por dÃas pode consultarse na páxina web do festival. Haberá Danza contemporánea, roteiros de birdwatching, obradoiros e exposicións. Certificado co selo EFFE europeo, o festival é membro da rede europea de festivais literarios en zonas isoladas LITFEST.
O Festival dos Eidos, inicia a súa andadura no 2015 e chega a súa III edición, pretendendo achegar achegar ao Courel a centos de visitantes, dende a seguridade de que hai lugares marcados pola presenza do xenio creativo. Do mesmo xeito que existe un DublÃn de James Joyce, unha Castilla de Machado, existe unha Galicia, a través do Courel, de Novoneyra. Ligado ao compromiso coa sustentabilidade social e ambiental do rural de alta montaña e a innovación en formatos e estilos, o Festival dos Eidos pretende dotar a una comunidade territorialmente illada, como é a Serra do Courel nas Montañas de Lugo, dun festival literario escénico de vangarda ano tras ano dende o seu inicio.