Andrés Gaos é unha das figuras fundamentais da música culta galega do século XX. Considerado "o maior representante da escola española de violÃn", a súa vida transitou entre Galicia e Bos Aires. O grupo de investigación sobre fondos documentais da música galega, dirixido polos profesores Carlos Villanueva e Javier Garbayo, xunto co fillo de Gaos, Andrés Gaos Guillochón é o responsable do depósito dun amplo fondo documental do violinista, que contou tamén co traballo de Joám Trillo. composto por partituras, cartas, recortes de prensa, programas de man, documentación da súa actividasde laboral, fotografÃas, fondo discográfico e os últimos dous violÃns que conservaba a familia de Gaos, un deles do século XVIII. O legado quedará depositado na Biblioteca América e nos vindeiros dous anos publicarase unha monografÃa do compositor, realizaranse concertos e en 2019 terá lugar un seminario internacional acompañado dunha exposición.