A ourensá Purificación García leva o Premio Nacional de Moda

Recibiu onte o recoñecemento que outorga o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo do Traxe en Madrid acolleu onte a entrega dos Premios Nacionais de Moda que entrega o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Entre os galardóns, houbo un recoñecemento ao sector galego. A ourensá Purificación García recibiu o Premio Nacional ao Deseñador de Moda na modalidade que recoñece toda unha traxectoria. A galardoada presentou a súa primeira colección en 1981 e conseguiu un grande éxito con presenza en pasarelas internacionais e tendas propias en diferentes países. Desde 1998 comercializa o seu traballo a través da Sociedade Téxtil Lonia, con sede en ourense. García competía na súa categoría coa tamén galega Pili Carrera.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Turismo, Madrid, Ourense

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares