A Selectividade pon a proba os nervios e os coñecementos de 11.000 estudiantes

Xogando o futuro

As temidas probas de accso á universidade, a impopular Selectividad, está a convocar estes días a arredor de mil estudiantes galegos que xogan nestas probas un corenta por cento da súa nota. Logo do primeiro día de exames que se celebrou onte, os nervios estaban un poucos máis calmados, pero aínda quedan dous días para rematar os exames e dous anos para que rematen definitivamente.

Cifras (e letras)

Dos 11.487 estudiantes convocados para realizar as probas este ano, 9.944 proceden da derradeira promoción do Curso de Orientación Universitaria (COU) e outros 1.500 do Bacharelato da Logse. Os exames realízanse en trinta sedes diferentes radicadas en cidades e vilas, o que provoca que moitos dos estudiantes do rural teñan que pasar estes día fóra do seu fogar. As prazas ás que optan no sistema universitario galego son 20.202 repartidas entre 157 titulacións diferentes. Quen non atope a súa carreira en Galicia ou non acade a nota de corte mínima para entrar nela poderá optar, pola opción de distrito compartido, a entrar en calquera universidade do Estado. A media xeral de aprobados está nun oitenta por cento, e aínda que as notas de corte para entrar nas diferentes carreira tenden a diminuír, os nervios son libres. De calquera xeito, os aspirantes a entrar en Educación Física, Xornalismo, Pubilicidade e Traducción e Interpretación non poden contar con que a nota mínima baixe este ano.











Anécdotas


O comentario xeral entre os estudiantes logo do primeiro día de probas foi a dificultade do exame de Filosofía, no que tiveron que escoller entre os temas correspondentes a Descartes e a Marcuse, que en moitas ocasións non foi explicado nas aulas por falta de tempo. A anécdota do día estivo en Compostela, cando comezou o reparto de exames nun dos centros e un profesor deu unha palmada para chamar a atención dos alumnos e estes, nerviosos, comezaron a aplaudir pensando que era un costume da xornada inaugural. Aparte disto, todas as comisións da Confederación Interuniversitaria de Galicia (CIUG) sinalaron que a xornada se desenvolveu con tranquilidade en todos os centros.












O que resta








Os dous días que faltan continuan hoxe en horario de mañá e de tarde e rematan mañá a unha e media da tarde. Para coñecer as calificacións provisionais haberá que agardar ó día 28 de xuño, e despois virá o período de reclamacións entre o 29 de xuño e o 3 de xullo. A partir de entón, comeza outra dura proba: a matrícula na universidade e, en moitos casos, a busca de residencias para o vindeiro curso.