A selección de libros infantÃs e xuvenÃs máis prestixiosa do mundo, elaborada pola organización IBBY, recollerá na súa edición bianual do ano que ven o libro en galego Lendo lendas, digo versos, obra de Antonio GarcÃa Teijeiro e Antonio Reigosa, editado por Edicións Xerais e con Ilustracións de Xosé Cobas. A rama española desta organización, a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) ven de presentar a lista de libros editados no territorio nacional que engrosará a selección de obras internacionais. Catro obras na modalidade de Escritores, catro na de Tradutores e unha na de Ilustradores irán desde España a esa selección. será a única obra en galego e de creación enteiramente galega do catálogo, mentres que a obra escollida pola OEPLI no apartado de ilustración será Después de la lluvia, do cordobés Miguel Cerro, editada por Kalandraka e que fora galardoada co VIII Premio Internacional Compostela. A prestixiosa editorial pontevedresa Kalandraka tamén ten dentro desta selección, no partado de Traducións , a obra Un clot és per cavar-hi, traducido ao catalán por Miquel Desclot a partir do orixinal de Ruth Krauss e Maurice Sendak. Estar nesta lista internacional ten como consecuencia unha maior divulgación e coñecemento destes tÃtulos e o aumento considerable do número de traducións e de edicións estranxeiras de libros de calidade para cativos. Durante o Congreso de IBBY preséntase o catálogo e expóñense as obras. Unha vez que finaliza, os libros ent5ran nun percorrido itinerante por todo o mundo en exposicións e feiras de libros.