Nas vindeiras semanas iniciarase a declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural por parte da Xunta de Galicia. Ante a previsión de que avancen as xestións para que este territorio de especiais caracterÃsticas históricas, culturais e paisaxÃsticas se incorpore á lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO, un grupo de expertos debateron sobre o seu futuro nas xornadas sobre turismo masivo que organizou o Consello da Cultura Galega a semana pasada. "É o momento idóneo para definir as liñas de xestión que rixan este territorio", sinalaron os expertos. Segundo Ana Goy, profesora da USC, "estamos no momento axeitado para evittar que a Ribeira Sacra se acabe degradando como xa vimos en Pompeia, en Venecia ou na Alhambra de Granada". O director de Competitividade da Xunta, José Luis Maestro Castiñeiras, destacou que en temas de paisaxe “a polÃtica forestal, agrÃcola e urbanÃstica afecta tanto ou máis que a polÃtica turÃstica”. Maestro avanzou claves que se han de ter en conta na Ribeira Sacra, como son as necesidades de infraestruturas turÃsticas, definir cales van ser os puntos que condensarán o maior número de visitantes sobre os que determinar accións. “Podemos poñer limitacións de acceso como se fixo na praia das Catedrais, pero tamén se pode optar por fixar taxas turÃsticas” incidiu. Ofreceu datos dunha demanda crecente de turistas internacionais e dixo “temos que estar preparados para un fluxo cada vez máis numeroso”. Maestro Castiñeiras tamén indicou que se deberÃa construÃr un relato do que se quere dar a coñecer e, entre as opcións posibles, avogou por fixar un turismo de calidade e esixir prezo porque “é o gran discriminador de fluxos masivos sobre un territorio”.