Falece o escritor e mestre Carlos Mosteiro

Destacara na literatura infantil e xuvenil con varios premios

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
Carlos Mosteiro Foto: Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2015)

Carlos Mosteiro Foto: Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2015)

As letras galegas lamentan estes días a desaparición do escritor Carlos Mosteiro Fraga (1955- 2017). Mosteiro, de 61 anos, era coñecido polas súas obras narrativas de carácter infantil e xuvenil que comezou a publicar en 1999 con O día que Miguel Induráin pasou por Gonderande (Galaxia) malia que antes diso xa conseguira o Premio “O Facho de contos para nenos" en 1994, polo conto A segunda hora da tarde, publicado posteriormente na revista CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil) en maio de 2001. Non foi o único premio que levou pola súa obra. En 2001 levou o Premio Abril, de alcance ibérico, por Manual de instruccións para querer a Irene (Galaxia e Editores Asociados, 2001) e en 2006 conseguiu o Premio O Barco de Vapor por Unha bruxa ben rara (SM, 2007). O escritor estaba licenciado en Maxisterio e exercía como mestre na Pobra do Caramiñal. Mosteiro faleceu o luns e as súas exequias tiveron lugar onte na Pobra.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Mosteiro, Literatura, Editores, Contos...

Claves

Protagonistas
Entidades