A versión que realizou da novela Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti para a editorial Hugin e Munin valeulle a Isabel Soto o Premio Plácido Castro de Tradución. O xurado da décimosexta xeira do galardón destacou "a fluidez e a solvencia na lingua meta, así como o esforzo da autora por reflectir o estilo arcaizante da lingua orixinal nun galego que recupera usos propios dunha época literaria anterior; e con respecto á calidade da tradución, os membros do xurado destacaron o acerto de Isabel Soto no transvasamento de estruturas sintácticas intricadas ao galego". O premio, sen dotación económica, entregarase o vindeiro 30 de setembro no Concello de Vilagarcía a coincidir co Día Internacional da Tradución.
O xurado deste galardón, que convoca anualmente a Fundación Plácido Castro, estivo composto por Xavier Senín, como representanta desta entidade, Ánxela Gracián como delegada da Xunta de Galicia, Estela Villar Nogueira da Asociación de Tradutores Galegos, Xosé Antón Palacio Sánchez desde a Real Academia Galega, Liliana Valado da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e Xulio Ríos Paredes, Presidente de Honra do IGADI, como secretario con voz pero sen voto.