O Consello da Cultura acolle un encontro pioneiro sobre as linguas minorizadas do Estado

O Foro sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias repasará a situación de linguas sen recoñecemento oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O Consello da Cultura acolle un encontro pioneiro sobre as linguas minorizadas do Estado

Representantes e investigadores das linguas amazige, árabe dariya, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán, éuscaro, fala, galego, leonés e portugués, todas elas minorizadas no Estado Español, atópanse hoxe e mañá no Consello da Cultura Galega. A sede desta institución en Compostela acolle entre hoxe o Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, un encontro pioneiro co que a institución, en colaboración co Consello de Europa, celebra os vinte e cinco anos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias.

O debate aborda cuestións como a situación das linguas sen recoñecemento oficial ou a presenza das linguas oficiais no ámbito da xustiza, nas administracións e nos servizos públicos. No programa tamén se abordará a monitorización do cumprimento da Carta Europea para as linguas Rexionais ou Minoritarias, para o que estará presente o xefe da Secretaría da Carta, Sixto Molina. Ramón Villares, presidente do CCG; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega ou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participan deste foro. O encontro pódese seguir en liña no web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A carta do galego

A carta do galego

Moitas das posibilidades da Carta Europea das Linguas Minoritarias para a nosa lingua están sen explotar

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Portugués, Consello de Europa, Valentín García...