BFlecha ven de abrir o festival Sónar coa súa actuación no espazo Sónar Village presentando o novo disco Kwalia editado co selo do colectivo Arkestra do que forma parte. BFlecha é o proxecto da músico e produtora viguesa Belén Vidal que ten en o seu segundo traballo de longa duración tras Beta (2013). BFlecha mantén neste segundo traballo as súas liñas de experimentación sonora coa base electrónica dos sintetizadores que son vehÃculo de melodÃas pop cheas de lirismo e sentimento mentres desde a voz achega a sensualidade e delicadeza do rhythm & blues. Nos once temas de Kwalia accedemos ao universo simbólico e cultural de BFlecha, con referencias orientais, reflexións sobre os lÃmites da realidade e unha proposta conceptual de transcendencia que se expande a través da imaxe amosada nos sus primeiros videoclips, como Zigurat. Para a gravación dun dos temas do disco, SinfÃn, a artista contou coa colaboración do músico canario El Guincho. A viguesa estará no festival portugués Milhões de Festa, que este ano se celebra en abono conxunto co Sinsal. BFlecha é tamén unha das confirmacións máis destacadas para o festival WOS que terá lugar en setembro en Santiago.