Esta fin de semana celebrarase a segunda edición do festival Internacional PoemaRia Vigo durante os días 16, 17 e 18 de xuño en varios espazos da cidade como o MARCO, o Centro Cultural do Instituto Camões e a Praza do Abanico. O festival, que comezou en xuño de 2016 coa intención de escoitar especialmente a voz das Mulleres na Poesía e que mantén ese obxectivo, chega precedido de numerosas actividades poéticas e obradoiros de poesía no Salón do MARCO axctuando como colofón de todas elas. Na inauguración desta segunda edición o venres Poemaria contará coa poeta andaluza Carmen Camacho e as galegas María do Cebreiro e Estíbaliz Espinosa no Salón do MARCO. Yolanda Castaño recitará o sábado xunto a autora portuguesa Ana Luísa Amaral. Ademáis, haberá outras lecturas de poetas con traxectoria editorial consolidada de Irlanda como Paul Casey, a portuguesa Filipa Leal, a cordobesa María Sánchez, e voces salientables do panorama galego coma Antía Otero, Xina Vega, Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Pichel, María Reimóndez ou Isaac Xubín. A editorial madrileña Amargord creará unha nova colección Poemaria coa publicación dunha antoloxía anual do festival con distribución en España e Latinoamérica.
Programa de PoemaRía 2017.