Demandan máis mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas

A campaña está promovida pola asociación Polo correo do vento e o Concello de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Demandar a presenza de máis mulleres escritoras como homenaxeadas no Día das Letras Galegas é o obxectivo da campaña #Propónunhamuller, promovida por Polo correo do vento, un "colectivo especializado en actividades lúdicas para o público máis novo, promovendo a lectura a creatividade e a comprensión oral en galego" e o concello de Pontevedra co obxectivo de "denunciar a inxustiza histórica do papel da muller na cultura e nos demais ámbitos da sociedade". O colectivo propón que diferentes entidades se dirixan por carta á Real Academia Galega. A campaña emprega a etiqueta #Proponunhamuller e como exemplo propón dez autoras: Avelina Valladares, Belén Feliú, Clara Corral Aller, Filomena Dato, Luísa Villalta, María Tobío, Mª Victoria Moreno, Pura Vázquez, Xela Arias e Xosefa Iglesias Vilarelle.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Mulleres, Concello de Pontevedra, Xela Arias...