O xurado do Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, que convocan o Concello de Noia e a revista Casa da Gramática, acordou por unanimidade deixar deserta a súa décimo sexta edición. Deste xeito, ninguén levará os 3.000 con que está dotado o único premio da convocatoria, que inclúe tamén a publicación da obra pola editorial Toxosoutos. O xurado estivo conformado por José Pérez MartÃnez alcalde de Noia, Mariña Pérez Rei, profesora e escritora, Concepción Allut VIdal, traballadora do Concello, AgustÃn Agra Barreiro, profesor e escritor, Xosé Lastra Murais, profesor e escritor e Xavier Castro Rodriguez, profesor e codirector da revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia.