Unha formación de músicos recoñecidos que interpretan grandes éxitos de bandas de onte e de hoxe. O formato que estamos habituados a ver nas orquestras de verbena chega agora, por vez primeira, á música infantil galega. A produtora Urdime estrea nas festas da Ascensión de Compostela A Pequena e Grande Orquestra, unha formación que conta con Carliños Freire á baterÃa, Pablo Vidal no Contrabaixo, Javier Costenla no piano, BenxamÃn Vázquez á guitarra e as voces de Sabela King, Javi GradÃn e Nerea Bello. Como repertorio, "as referencias da música infantil mundial de todos os tempos" coa música infantil galega como eixo. Segundo explica a propia produtora, "partiremos do repertorio de música infantil máis tradicional, pasando polos grandes éxitos que acompañaron nos 90 a toda a xeración XabarÃn, e continuando o percorrido polos grupos musicais que nos últimos 15 anos teñen agromado no PaÃs e que xa neste momento son seguidas por fans miúdos alà por onde pasan".
O vindeiro 28 de maio a compostelá Praza da Quintana acolle a estrea deste proxecto, que amosa en boa medida a consolidación do sector musical orientado aos máis miúdos, reivindica a traxectoria históricas do mesmo a repasar o traballo diferentes formacións e explora novos xeitos de se achegar ao público.