Por segundo ano consecutivo a Gala do Libro galego volveu reunir nun mesmo lugar e arredor duns únicos galardóns ao sector editorial, libreiro e da escrita. O Teatro Principal de Santiago acolleu o sábado o acto festivo no que se desvelaron o destinos dos galardóns. Os seus dez premios, tres deles honorÃficos, repartÃronse de novo por autores, editoriais e iniciativas que representas o mellor do acaecido no sistema literario galego do pasado ano 2016. Os premios non levan dotación económica e son decididos por un xurado externo ás organizacións a partir dunha listaxe de obras finalistas conformada polas persoas asociadas da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), da Asociación Galega de Editoras e da Federación de LibrarÃas de Galicia, entidades convocantes da Gala.
Todo canto fomos (Ed. Galaxia) de Xosé Monteagudo foi considerado polos membros do xurado como o mellor libro de Narrativa do publicado o pasado ano. Unha novela que percorre máis de un século da recente historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente. O xurado, na súa valoración lamenta o pouco recoñecemento obtido por esta obra da que destaca a súa calidade e o feito de ser moi ambiciosa e acadar o seu obxectivo de "reflectir a realidade dunha época". O cuarto das abellas (Eds. Xerais de Galicia) de AntÃa Otero levou o premio de PoesÃa ao considerar o xurado que "trátese dun diálogo coa literatura que conmove ao lectorado". A biografÃa feita por Mercedes Queixas do autor homenaxeado o pasado ano no DÃa das Letras Galegas, (Ed. Galaxia) recibiu o galardón de Ensaio nesta IIª Gala do Libro Galego.
Se o pasado ano as obras de Edicións Xerais de Galicia acaparaban catro dos premios este ano, alomenos entre as dúas editoriais máis importantes do paÃs quedaron as cousas máis igualadas e non descendeu o número de editoriais con galardón, ao ser cinco coma nesa primeira edición. Foi nesta ocasión Galaxia a que pode presumir de ter máÃs obras no palmarés da Gala xa que ademais dos mencionados premios de narrativa e ensaio tamén hai que engadirlle o de Teatro, logrado por Carlos Labraña coa obra Moito Morro Corporation. Sociedade Limitada (Ed. Galaxia) na que o xurado valora "a necesidade de darlle valor ao teatro infantil", público ao que vai orientado este libro e que non soe consumir o xénero. O público infantil e xuvenil tamén é o destinatario obvio do premio desta categorÃa concreta de Literatura Infantil e Xuvenil, que foi neste caso para unha obra de Edicións Xerais: Jules Verne e a vida das mulleres planta, de Ledicia Costas, co que a editorial viguesa pechou o seu palmarés propio por esta edición. Nesta obra que ten como protagonista ao famoso escritor nunha estadÃa en Vigo faise unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia.
Repite a editorial Kalandraka por segundo ano consecutivo en obter para un dos seus libros o recoñecemento ao mellor Libro Ilustrado. Canta connosco, de Oscar Villán, coñecido ilustrador dun dos grandes éxitos da editorial O coelliño branco, foi premiado polo xurado pola súa "fluidez e narrativa", achando que a súa "plástica orixinal escapa da redundancia co texto, achegando un significado propio co seu deseño". Se Kalandraka álzase co premio no que é a súa área de especialización máis coñecida de álbum ilustrado algo similar lle ocorre nesta ocasión a Rinoceronte Editora que coa obra de autorÃa anónima Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña conseguiu o premio de mellor Tradución polo traballo feito por Henrique Harguindey Banet para esta editora que ten como bandeira a traslación ao galego desde outros idiomas de obras clásicas e contemporáneas. Para o xurado a tradución feita por Harguindey deste relato en prosa que bebe na literatura cabaleiresca e na materia de Bretaña é moi valorable pola "dificultade técnica de imitar o estilo de outra época".
Premios máis alá dos libros
O premio pola Iniciativa Bibliográfica foi este ano para o proxecto Aulas sen paredes de RosalÃa Fernández Rial, representado aquà pola publicación de Edicións Positivas do libro didáctico que fai parte dun proxecto máis grande que inclúe ademais de varias accións un documental. Trátase dun proxecto que propón unha nova metodoloxÃa didáctica para a aprendizaxe de linguas mediante o uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica dentro das aulas regradas do Ensino Secundario Obrigatorio. O método foi deseñado no marco dunha Tese de doutoramento elaborada na USC e posta en práctica cun grupo de 1º da ESO nas materias de lingua galega e castelá de xeito coordinado. O xurado da gala do Libro galego valorou que se tratase "dun dos poucos traballos de didáctica probada en galego".
O contacto directo cos lectores e as pontes de información que se establecen cara eles motivan o recoñecemento en outras das categorÃas destes premios outorgados polas asociacións de Libreiros, Editores e Escritores. Asà a LibrarÃa Paz de Pontevedra recolleu nesta IIª Gala o premio á Iniciativa Cultural ou de fomento da lectura polo Ciclo Vermú entre libros que este establecemento organiza e que facilita o contacto directo cos autores nun entorno e horario relaxado. A visibilización do libro ante o público a través da televisión pública tamén levaron a darlle o premio de Xornalismo cultural ao programa da TVG Zig-zag diario, conducido por Pilar GarcÃa Rego.
A Gala máis feminina
A plataforma virtual de crÃtica literaria A Sega recibiu pola súa banda o premio deste ano ao mellor Proxecto Literario da rede ao valorar o xurado que esta plataforma "aúna esforzos de crÃtica literaria e divulgación. Capacidade de artellar a varias mulleres facendo crÃtica". O xurado resalta a vertente feminista da plataforma co cal este premio tamén poderÃa ser engadido no lado das mulleres se facemos unha conta dos resultados desta IIª Gala do Libro galego en termos de visibilidade da muller pudendo dicir que , ao reves do que sucedera o ano pasado, a presenza feminina foi a maioritaria no palmarés deste ano, con catro autoras premiadas ademais do premio honorÃfico Escritora Galega Universal á portuguesa Hélia Correia por parte da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e tamén do feito de que o propio evento estivese conducido pola actriz Iria Pinheiro e contase coa actuación do grupo, maioritariamente feminino, De Vacas. Unha serie todas las de presenzas que demostran a importancia activa da muller no mundo das letras.