Está a ser cada vez máis común que, logo dun tempo desde a súa presentación, diferentes documentais realizados no noso paÃs se liberten na rede para permitir a súa libre visualización. Foi o caso recente do recoñecido FÃos Fóra, que Illa Bufarda colgou Ãntegro con ocasión do pasado oito de marzo. Coma este, nas últimas semanas novos proxectos están a chegar á rede, como é o caso dos documentais Patrimonio Habitado e De porta en porta. Estes filmes de carácter etnográfico fan parte do proxecto de investigación Patrimonio do Xurés e permiten coñecer mellor o rico legado material e inmaterial desta zona da man da cooperativa MaOS, de FeitorÃa Verde e de Illa Bufarda.
Pola súa banda, e aÃnda que xa estaba publicado na rede, o documental Porta para o exterior acaba de completar a súa presenza en Internet coa edición dunha guÃa didáctica e dunha guÃa para o profesorado, tamén libremente accesibles, que queren facilitar o emprego deste filme nos centros de ensino. O proxecto, dirixido por Sabela Fernández e José Ramón Pichel, explora a perspectiva reintegracionista sobre a nosa lingua mediante entrevistas con preto de setenta persoas, que expoñen as súas visións sobre este tema.