Os xacementos de Porto Maior (As Neves) e O Cabrón (Arbo) están a revolucionar a visión que se tiña da presenza de homÃnidos no actual territorio galego durante a prehistoria. A través de tecnoloxÃas como a Resonancia Paramagnética electrónica (ESR) e a Luminiscencia Ópticamente Estimulada (TT-OSL) o equipo dirixido polo arqueólogo Eduardo Méndez Quintas conseguiu obter unhas datacións que oscilan entre os 100.000 e os 300.000 anos de antigüidade para estes dous xacementos. Ata o momomento, as datacións máis antigas estaban na Cova Eirós, con 93.000 anos de antigüidade. Os investigadores aÃnda descoñecen -ou dubidan- sobre que especie de homÃnido deixou as súas evidencias neste tipo de xacementos.