A Mostra de Cinema Etnográfico que organiza anualmente en Compostela o Museo do Pobo Galego continúa a medrar na súa duodécima edición. Unha trintena de filmes, ademais de dúas sesións de curtametraxes, poderán verse entre o 29 de marzo e o 3 de xuño vindeiros no marco da iniciativa. Destas, dezaseis producións foron seleccionadas para a sección oficial, entre elas propostas galegas recentes como Entrar aos Vilares, O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao ou Esquece Monelos. O programa inclúe a habitual proxección dos filmes premiados no Festival de Documental Etnográfico Espiello e achega ademais unha mostra de filmes realizados por mulleres, seleccionados por Xisela Franco e Beli MartÃnez, e unha sección sobre "Mirada e representación no cinema etnográfico" que coordinou Xosé Carlos Sierra.
A xeito de conmemoración dos 40 anos do Museo do Pobo Galego, a Mostra achega tamén, en colaboración co Cineclube de Compostela, unha selección de filmes que amosan a evolución do cinema etnográfico ao longo das últimas catro décadas. Unha mesa redonda sobre etnografÃa e cinema e a festa de entrega de premios o sábado 3 de xuño completan o programa.