Representantes da Asociación Cultural Arela presentaron hoxe o programa do XIV Festival de Cans. Os organizadores estiveron hoxe acompañados polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e mais o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e os representantes do resto de entidades e empresas colaboradoras. A pesares de que a solicitude de subvención do Festival fora desbotada por un defecto de forma a Xunta de Galicia colabora economicamente co certame grazas a un convenio asinado posteriormente, cunha cantidade menor á da subvención solicitada e non outorgada. Este ano son 16 as curtametraxes seleccionadas na sección oficial a concurso, da que a organización destaca a paridade numérica entre as pezas realizadas por mulleres e por homes, mentres que no apartado de animación presentaranse outras seis curtas cunha forte presenza de novos creadores. Ademais, os videoclips gañan protagonismo, con 19 traballos en competición. En canto ás longametraxes, Cans estreará A historia dun satélite, de Also Sisters, e o documental sobre o naufraxio do Prestixe Mar de fondo, de Dani Guzmán, ademais de contar con Manane RodrÃguez para afondar no proceso de realización do seu filme Migas de pan na sección Rebobinando, entre outras proxeccións. No programa deste ano o Festival de Cans reforzará a programación para o xoves 25 de maio, cando terá lugar o habitual concurso de videoclips, convirténdoo nunha xornada na que convivirán o auodiovisual, a música, a gastronomia, a literatura e as artes plásticas con actividade desde a mañana ata a noite.Nesta xornada do xoves 25 tamén se desenvolverá no Bar Liceum do Porriño o I Encontro de realizadores e realizadoras de videoclips do Festival.
Audiovisual e música
O Festival de Cans avanza, asà mesmo, na súa aposta polo diálogo entre a música e o audiovisual, con propostas como a exhibición de Frágil equilibrio, gañador este ano do Goya ao mellor documental, acompañada dunha actuación de UxÃa, intérprete do tema deste filme que estivo nomeado á mellor canción orixinal nestes mesmos premios. Seguindo neste apartado, o certame rescatará prezas audiovisuais do grupo Radio Océano, estreará o novo vÃdeo de Terbutalina e ofrecerá unha retrospectiva dos mellores clips de Eladio y los Seres Queridos. As tres bandas forman parte, igualmente, da carteleira de máis de 25 concertos que acolle o festival e na que se atopan outros grupos como León Benavente, Corizonas, Familia Caamagno, Adrián Costa & The Criers, Cora Sayers, Roger de Flor e Os Silvestres, Os Carunchos, Electric Feels, Escuchando Elefantes ou TrÃo Acivro.
Convidados e homenaxes
Tamén son seccións habituais do festival que se celebra nesta aldea do Porriño o Coloquio na Leira, que este ano estará protagonizado polo cineasta Montxo Armendáriz. No capÃtulo de homenaxes, o actor Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree, mentres que os chimpÃns de prata irán para o director Jorge Coira e para o veciño de Cans Feliciano Bernárdez, "Xano".
Profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia daranse cita do 24 ao 27 de maio na aldea de Cans para esta nova edición.O Festival abrirá o próximo xoves 11 de maio ás 10h00 o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio. As entradas, que se poderán adquirir ata o dÃa 17 de maio, terán un custe de 12€. O lugar de recollida será o posto de merchandising do festival durante o venres e o sábado do evento. Ademais, os compradores poderán recoller tamén de forma gratuÃta durante os dÃas do festival o catálogo con información ampliada de todas as actividades.