Trece proxectos reparten as axudas ao talento audiovisual

A Axencia Galega das Industrias Culturais distribuiu 145.000 euros nesta convocatoria

Cinco proxectos de escrita de guión, cinco de realización de curtametraxes e tres proxectos de longametraxes distribúen os 145.000 euros das axudas para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) facía pública onte a resolución desta convocatoria, que lle outorga cadanseus 30.000 euros a aos proxectos de longametraxes 9 fugas, de Fon Cortizo, Ursúas, de Roi Fernánez e Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld. Pola súa banda, os cinco proxectos de curtametraxes, Matria, de Álvaro Gago, A carta xeométrica, de Miguel Mariño, Exhalación, de Alberto Díaz López, Sendeiro, de Lucía Estévez, e Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana Gómez-Díaz. levan 6.000 euros cada un. Os cinco proxectos de guión seleccionados recibirán pola súa banda cadanseus 5.000 euros.