Santiago Cortegoso por partida dupla será a única representación do teatro galego como finalista dos Premios MAX de artes escénicas organizados pola Fundación SGAE. Unha vez pasada a derradeira fase de selección, o xurado da XXª edición dos galardóns dictaminou os finalistas de cada ún dos premios e das iniciais 4 candidaturas que tiña a compañía Ibuprofeno Teatro pola montaxe quedaron no camiño as de Mellor espectáculo de Teatro e de Mellor actriz de reparto a Iria Sobrado, pero mantivéronse para a fase final as de Santiago Cortegosos como Mellor Autor e como Mellor Director. Do listado finalista tamén saíron as candidaturas previas do Perplexo de Il Maquinario Teatro como Mellor espectáculo revelación e a de Rebeca Montero pola súa participación no Tartufo do Centro Dramático Galego como actriz de reparto. Cortegoso recibiu recentemente o Premio María Casares ao Mellor texto teatral por Raclette cuxo texto antes de chagar aos escenarios recibira xa o premio Álvaro Cunqueiro.