O Concello de Santiago acollÃa esta mañá a presentación do fallo do I Premio Realia de Tradución que convoca a editorial Huguin e Munin en colaboración con esta entidade. A concelleira de Turismo e Igualdade, Marta Lois e Xavier SenÃn, voceiro do xurado, anunciaron que foi AntÃa Veres Gesto quen se fixo cos 1.200 euros do galardón. Veres verteu ao galego a obra Detrás da máscara: o poder dunha muller de Louisa May Alcott, na que o xurado recoñeceu o "se tratar dunha tradución axustada ao orixinal inglés, coa necesaria adaptación á lingua meta para favorecer unha lectura fluÃda". Segundo explicou SenÃn, "o coidado no aspecto lingüÃstico fai supoñer un proceso de traballo demorado". O tribunal, composto por Marta Neira, Isabel Soto, Delia González e Alejandro Tobar, ademais do propio SenÃn, destacou que a obra escolleita é un libro "singular dentro da produción da autora, o cal se axusta ao espÃrito da editorial convocante".
En total presentáronse ao certame un total de nove traducións, das cales o xurado descartou catro por non cumprir as bases. Das restantes, e logo de contrastar coas obras orixinais e con outras versións escoulleuse a gañadora por unanimidade. O traballo de AntÃa Veres verá a luz nun prazo máximo de tres meses na editora Huguin e Munin, que pasado un ano será cedida á Biblioteca Virtual (BIVIR) da Asociación de Tradutores galegos, onde se poderá ler en liña.
SenÃn destacou o feito de ser este certame o único con dotación económica dedicado á tradución no noso paÃs, e asegurou que a organización está satisfeita coa participación. Segundo explicou, "non está nada mal. Só pasaron oito meses desde a convocatoria, o que fixo que só se puidesen presentar obras que xa estaban en marcha. A tradución é un proceso que leva moito tempo". Sinalou, no entanto, que ao ser un certame bienal é de agardar que para a vindeira xeira "xa con máis tempo de preparación, haxa máis competencia".