O Museo do Pobo Galego inaugura hoxe a exposición Unha punta de Europa: Victoriano García Martí . Trátase dunha mostra bibliográfica e documental sobre a figura de Victoriano García Martí (A Pobra do Caramiñal, 1881 - Madrid, 1966), letrado intelectual e erudito, en cuxa traxectoria compre sinalar o ter sido o compilador, editor e prologuista da primeira edición en 1944 das Obras Completas de Rosalía de Castro na Editorial Aguilar. Aínda que foi Rosalía quen ocupou a maior parte do seu tempo e labor como investigador biográfico e crítico literario, outras mulleres que destacaron tanto no mundo profesional como cultural: Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova, Ofelia Nieto, Lilí Álvarez... foron tamén obxecto dos seus traballos.Membro correspondente da Real Academia Española e da Real Academia Galega. A exposición exhibirá numerosos materiais que amosan a estreita relación de García Martí con outras figuras coetáneas como Valle-Inclán, Jacinto Benavente, Castelao e Ortega y Gasset, entre outros. A mostra estará aberta ata o vindeiro 28 de maio.
Nacido na Pobra do Caramiñal en 1881, Victoriano García Martí formouse inicialmente entre Compostela e Madrid e posteriormente ampliou estudios en París e Bruxelas, onde tivo a oportunidade de asistir aos cursos do filósofo Henri Bergson e dos sociólogos Emile Durkheim e René Worms. Foi, sobre todo, o Ateneo de Madrid, o espazo ao que dedicou os seus maiores esforzos e enerxías, desde o cargo de Secretario (baixo as presidencias de Unamuno e de Valle-Inclán, entre outros. Fronte a febril actividade literaria, cultural e política anterior a 1936, os anos 40 deron lugar a un proceso de marxinación social e institucional, García Martí foi encarcerado no Penal de Burgos durante a Guerra Civil pola súa defensa da II República. Reincorporado ao seu posto de funcionario ministerial, mantivo unha necesaria autocensura discursiva e un progresivo asolamento social reconducindo os seus traballos cara o ensaio sociolóxico e filosófico.