Nada hai normal cando se trata de Valle-Inclán, a rolda de prensa que hoxe celebrou o Centro Dramático Galego tamén tivo esa particularidade do excepcional. O Café Derby de Santiago, que no seu momento foi un dos lugares frecuentados polo autor na súa etapa compostelá, acolleu hoxe a presentación ante a prensa das dúas montaxes da triloxía Martes de Carnaval que se estrearán este xoves no Salón Teatro. O Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e pola directora do CDG, Fefa Noia, acompañaron á directora das pezas teatrais, Marta Pazos neste acto. Ademais entre os asistentes tamén estaban numerosos membros do elenco.
"Dous espectáculos un pouco diferentes pero tocados pola mesma man" foi o que quixo facer Marta pazos con esta produción na que acabou circunstancialmente por dirixir as dúas pezas que son autónomas pero que "teñen moitos puntos en común". Para a directora das dúas montaxes o feito de ter sido convidada ao proxecto produciulle ao inicio "vertixe" pero despois tivo moi claro que quería facer "esperpento" e que quería montar o texto, non facer unha adaptación ou versión. "Simplemente adaptamos algunhas personaxes -dixo Pazos- que nos interesaba que foran femininas". Mentres que a proposta sobre As galas do defunto mantense na súa época orixinal de 1898, en A filla do capitán, Pazos opta por traela á contemporaneidade. "Valle naquel momento ataca o poder militar, eclesiástico e político e me parecía que había moitas pontes para situalo aquí". Preguntada por si atopaba un valeiro polo feito de deixar fóra da triloxía o obra que iría no medio , Os cornos de Don Frilera, Pazos fixo un simil coa saga Star Wars: "podes ver a primeira e a dos Ewoks. Pero incluso aquí as historias son aínda máis independentes" e o feito de asumir a dirección de As galas do difunto que ía facer Tito Asorey non mudou a súa idea inicial de cómo abordar A filla do capitán senón que a complementou ao poder facer dúas cousas diferentes. A posta en escena de Pazos vai xogar moito coa simboloxía da época e con moitos referentes da pintura e do cine, incipiente nos tempos de Valle Inclán. "Está Zurbarán moi presente, Velázquez, Goya e sobre referencias do cinema poderemos ver a Berlanga , Erice, Iván Zulueta e Lynch. Á hora de falar do elenco a directora, que tamén formou parte do xurado de selección nas controvertidas probas de selección, asegurou que buscaba unha paisaxe de rostros, quería "dez cómicos da legua con rostros con moita importancia" e que ademais "tiñan que ser moi completos porque esto non é só un espectáculo, é unha gymkhana, case un vodevil" no que ademais dos trinta personaxes escritos por Valle-Inclán hai outro moitos ata case sesenta, o que implica oitenta mudanzas de vestiario e cun "ritmo trepidante".
Fefa Noia salientou a capacidade de Marta Pazos para asumir riscos e ser valente, "é unha muller ousada, artisticamente falando", dixo Noia. O risco neste caso é duplo segundo a directora do CDG, porque o autor mesmo asumiu riscos na escrita destas pezas e para ela a posta en escena que propón Pazos "non se queda atrás nin plasticamente, nin en ideas escénicas, nin na crítica que o propio autor no seu momento asumiu coas dúas pezas e que Marta saber traer á actualidade e sabe desenvolver nun contorno contemporáneo". Pola súa banda Jacobo Sutil quixo salientar que a nova produción do CDG fíxose posible grazas á "valentía e o amor polo teatro" das dúas mulleres coas que compartía mesa, nesa mesma liña se pronunciou o conselleiro gabando tamén a valentía de Noia e Pazos ao sacar adiante un proxecto que non estivo exento de "controversias e conflitos" pero que ao seu entender é "estratéxico para a cultura e para o teatro galegos". "Ao final que importa sempre son os resultados -dixo Rodríguez- que van a estar á altura das circunstancias e van a estar a altura do que Valle seguramente desexaría como representación da súa obra". Preguntado pola posibilidade de que a Consellería introduza cambios nos procesos de selección de elencos, Román Rodríguez aludiu ao marco legal a cumprir polos entes de dereito público como o CDG e asegurou que xa lle plantexou á asociación de actores a posibilidade de facer algún tipo de cambio dentro dese marco legal, "se temos a honra de ter unha compañía pública o é para todo, non pode ser pública para unhas cousas e non para outras". Para o conselleiro o rebumbio e a controversia "ao final son positivos asegurou- porque agora todos sabemos que vai a haber unha representación de Valle-Inclán en galego producida polo CDG." No dossier de presentación das producións Fefa Noia non elude o debate creado e na súa intridución Valle na boca do todos asegura que no momento de escribir o texto non é quen aínda "de localizar o verdadeiro motor da discusión, nin de apreciar se nos atopamos diante dun diálogo construtivo ou dunha cortina de fume que agoche eivas máis profundas e dolorosas".