A actriz Fely Manzano, Premio de Honra Fernando Rey dos premios Mestre Mateo de 2015, falecÃa o pasado venres en Madrid ao 74 anos de idade. A intérprete, que se fixera coñecida en todo o paÃs polo seu célebre rol como nai de Miro Pereira na teleserie Pratos Combinados, participou ao longo da súa carreira nun grande número de producións, a incluÃr filmes como Urxa, A los que aman, A lingua das bolboretas, Lena ou Un Franco, 14 pesetas. No campo do teatro destacou a súa participación en montaxes do Centro Dramático Galego como As tres irmásEspectros ou A casa dos afogados, asà como en en montaxes de A FactorÃa Teatro, Teatro do Atlántico ou Andrómena Teatro.
A Asociación de Actores e Actrizes sinalou nun comunicado "todo o seu afecto diante dunha actriz de longuÃsima traxectoria, tanto no teatro coma no audiovisual, e que deixou unha fonda pegada na profesión", a destacar que a falecida "formaba parte da xeración de actores e actrices que abriron camiño na profesionalización escénica". Logo de ser incinerada en Madrid, as súas cinzas serán depositadas mañá, martes 11, na Coruña.