Rafael Quintía e João Bieites presentan A Pedra do Fundamento

O álbum presenta vinte e nove temas inspirados na mitoloxía galega

7/4/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Unha escolma de dez anos de traballos musicais compoñen A Pedra do Fundamento, o álbum que acaban de presentar o antropólogo Rafa Quintía e o músico João Bieites. En total son vinte e nove temas inspirados na mitoloxía galega nos que se combinan pezas compostas para documentais con traballos inéditos. O proxecto, audoeditado, mestura sons folk e tradicionais e contou con colaboracións como as de Francisco Sutil, Antonio Vázquez, Alexandre Leiro, Xosé Feijoo, Rosalía Rodríguez ou César Martínez. Guitarras e outros instrumentos de corda mestúranse con gaitas, teclados e diferentes percusións no álbum, cuxos temas fan referencias a lugares como A cruz do Seixo ou A fonte da prata e a elementos e lendas como Labirintos, O Alicornio ou O demo asubiador, que fan parte da nosa cultura tradicional.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rafael Quintía, Documentais, Folk, Demo...

Claves

Protagonistas
Lugares