Un dos máis grandes escritores do noso idioma é tamén un dos máis importantes representantes da literatura española do século XX. Precursor do realismo máxico, revisitador maxistral de grandes mitos literarios, Álvaro Cunqueiro está a ser recuperado como escritor en castelán a través de diferentes homenaxes no Centro Virtual Cervantes, no Círculo de Bellas Artes de Madrid e na Feira do Libro de Bos Aires. Unha coincidencia de homenaxes que pode supor un forte relanzamento para o autor máis de vinte anos despois da súa morte.
En abril do 2003 cúmprense corenta anos do ingreso de Álvaro Cunqueiro na Real Academia Galega. A pesar da súa importancia literaria para Galicia, Álvaro Cunqueiro, igual ca moitos outros dos nosos escritores desde o Rexurdimento, desenvolveu boa parte do seu traballo literario en castelán. A abondosa producción xornalística de Cunqueiro e a súa condición de emigrado durante unha época da súa vida condicionaron en boa medida o feito de empregar a daquela única lingua oficial do estado en artigos e reportaxes, mesmo naqueles editados na prensa do país. Son exemplos disto as series Historia de las tabernas de Galicia ou El pasajero en Galicia, editados no Faro de Vigo. Por outra banda, o desexo de alcanzar novos e máis abondosos lectores por parte do autor levouno a traducir ao español unha boa chea de obras editadas orixinalmente en galego. Así os lectores hispanos puideron achegarse a Merlín y familia o Cuando el viejo Simbad vuelva a las islas. A isto hai que engadirlle a existencia de obras escritas directamente en español ou das que non se coñece versión previa no noso idioma, como é o caso de Las mocedades de Ulises ou El año del cometa. A pesar dos seus esforzos, durante a súa vida o mindoniense non veu recoñecido especialmente o seu traballo en España e acadou o seu maior éxito na obtención do Premio Nadal en 1968 con Un hombre que se parecía a Orestes.
O español de Cunqueiro
Como escritor bilingüe, Cunqueiro tendía a coidar especialmente o seu estilo cando escribía en español. Segundo sinala a profesora Rexina Rodríguez Vega, da Universitat Autónoma de Barcelona, isto vese especialmente nas autotraduccións realizadas polo autor, en que procura evitar calquera expresión que lle pareza galega de máis. Neste proceso, e segundo a estudiosa, Cunqueiro tende a caer nun castelán literaturizado en que elimina, en grande medida, a presencia de riscos orais tan característica do seu galego. No mesmo sentido, Darío Xohán Cabana afirma que o castelán de Cunqueiro é basicamente libresco mentres que pola contra no seu galego a impresión de conxunto é a dunha lingua de alicerce radicalmente oral. Pola súa banda, César Antonio Molina sinala sobre os artigos de prensa do mindoniense que teñen infinidade de palabras e xiros gramaticais procedentes do galego aínda sen normativizar, especialmente no que se refire á toponimia e ao léxico referente a flora e fauna. O seu estilo, así coma a súa temática fantástica, moi diferente do realismo social imperante na época, levárono a ser pouco considerado na literatura castelá.
Amosar a Cunqueiro en Madrid
Con ocasión do día do libro do 2003 unha histórica exposición no Círculo de Bellas Artes de Madrid recupera a figura de Cunqueiro para as letras castelás como un dos grandes escritores deste século. O comisario da mostra, o vigués Xosé Luís García Canido sinala que por vez primeira fáiselle unha mostra a Cunqueiro, que é un dos grandes da literatura do século XX. A mostra inclúe primeiras edicións de todas as obras do autor, así como abondosos manuscritos, algún deles inéditos. Tamén se poderán ver máis de cento trinta fotografías, obxectos persoais e unha sección especial sobre a relación de Cunqueiro coas artes plásticas, que inclúe obras de Seoane ou Laxeiro, habituais colaboradores do escritor. Montar a exposición supuxo case un ano de traballo, a maior parte dos obxectos están en mans privadas e foi moi complicado reunilo todo, sinala García Canido, que tamén lamenta que todo isto non estea aínda reunido nunha institución galega. Cunqueiro ocupa así un lugar que nos meses pasados fora dedicado a autores como Max Aub, Miguel Delibes ou María Zambrano. Desde a organización da mostra concibimos a Cunqueiro coma un escritor universal, e, para reforzar esta idea, amosanlle ao público textos de escritores como Torrente Ballester, García Márquez, Antonio Tabucchi, Vargas Llosa, Francisco Umbral ou Álvaro Mutis nos que estes autores recoñecen ser lectores de Cunqueiro e salientan a importancia da súa obra.
Mostra virtual
Case coincidindo con esta mostra, o Centro Virtual do Instituto Cervantes, dedicado á promoción do español na rede, dedícalle desde hai varias semanas unha extensa monografía a Don Álvaro dentro da súa sección Nombres propios, coordinada por Manuel José Santos Cobo. Deste xeito, e igual ca con García Márquez, Borges ou Camilo José Cela, unha completa bibliografía e apuntamentos biográficos salientan a importancia do autor. Ademais, diversos artigos dan conta de aspecto concretos da vida e da obra do autor, como é a súa amizade con Josep Plá ou a presencia de pintores italianos nos textos do mindoniense. Como curiosidades, na web poden verse reproduccións de manuscritos e arquivos de son e de vídeo do autor. Unha selección de textos, tanto en galego coma en castelán, completan o retrato do autor, atendendo tanto a súa importancia nas letras españolas coma nas galegas.
Cunqueiro na quinta provincia
A reivindicación de Don Álvaro chega alén dos mares. A XXIX edición da feira do libro de Bos Aires, unha das máis importantes de Hispanoamérica, organiza o vintedous de abril de 2003 unha mesa redonda de homenaxe ao autor na que varios literatos debaterán sobre a obra do autor. Esa mesma tarde, unha conferencia de Darío Villanueva analizará o realismo lúdico de Cunqueiro. Estas homenaxes están organizadas pola Oficina Cultural da Embaixada de España, e a Consellería de Cultura colaborará achegando á feira unha completa colección de obras do mindoniense.
Unha vaga de rexurdimento
Curiosamente, esta vaga de recuperación de Cunqueiro no mundo hispánico é completamente casual. Segundo sinala García Canido, o que habería que preguntarse é por qué non se fixo antes. De calquera xeito, sinala que si se está a producir un relanzamento do autor ao que estas actividades van axudar. A editorial Tusquets está a reeditar moitos dos seus libros, polo menos no último ano, Vicente Araguas está a preparar unha antoloxía poética do autor e en galego acábase de publicar a correspondencia de Cunqueiro con Del Riego. Ademais, a mostra do Círculo de Bellas Artes visitará o noso país proximamente, comezando a súa xira pola sede da Fundación Torrente Ballester de Compostela. A grande eiva, para García Canido é a falta dunhas boas obras completas, xa que a última edición realizada en galego é imposible de atopar e é inconcibible que as súas obras completas sexan incompletas e non estean traducidas ao castelán ou ao inglés. Así é moi difícil que Cunqueiro teña presencia nas librerías.