A viguesa Pilar Ortega Pereiro gañou o XIX Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa súa obra Principio de incerteza, "unha narración que mestura de forma moi orixinal a física e a literatura para relatar unha historia de maltrato", segundo explicou un dos membros do xurado, o editor Manuel Bragado. Os outros membros do xurado foron Héctor Cajaraville, Guadalupe López e Darío Xohán Cabana, como secretario e Carmen Basadre como presidenta, con voz e sen voto.