O Consello de Ministros aprobou hoxe unha baixada do IVE dos espectáculos culturais en directo pasando do actual 21% a un 10% dentro da Lei de Orzamentos Xerais do estado para 2017, segundo onte informaron fontes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A baixada, que aÃnda non recupera o previo 8% vixente ata setembro de 2012, afectará aos prezos de entrada de concertos, teatro, danza e ás touradas. A falta de coñecer o texto definitivo da lei no relativo a esta baixada semella que quedan fóra, inicialmente, as entradas de exhibicións audiovisuais. A reposición do IVE cultural anterior era unha das reivindicacións dos sectores profesionais da cultura nos últimos anos que consideraron que o impacto da crise económica acentuouse moito para estas actividades con este aumento de taxas dados os engadidos recortes de investimento público na cultura que tiveron lugar simultaneamente. A rebaixa que se aprobou hoxe é celebrada desde os sectores da música e máis da escena pero con certas precaucións e lembrando que para recuperar este tecido cultural tan danado pola crise este é só un paso na dirección axeitada dun camiño no que aÃnda hai máis decisións e medidas que tomar.
Desde a Asociación Profesional de Músicos ao Vivo, o seu xerente, Manuel Alonso, recibe a noticia celebrando a decisión pero "con cautela ata velo reflectido nos Orzamentos do Estado". Para o representante dos artistas musicais esta medida tan solicitada "chega tarde" e considera que o cambio do IVE no seu momento "fixo un dano enorme, que vai custar moito reparar, se chaga a subsanarse nalgún momento", asegura. Unha celebración moderada é tamén a que amosa Belén Pichel, presidenta da asociación Escena Galega de compañÃas teatrais profesionais, que reciben este anuncio como unha boa noticia aÃnda que restrinxe o impacto en aquelas compañÃas ou espazos que traballan exclusivamente "a taquilla", unha situación "moi rara" entre as compañÃas galegas. Esta rebaixa impositiva non afectará moito ao prezo das entradas alomenos no caso do teatro xa que "este non variou" tras a subida en 2012, "non se repercutiu nos espectadores senón que o asumiron as empresas", asegura Belén Pichel. "Para nós o segundo paso e a gran loita é conseguir que se aplique tamén este IVE reducido na facturación dos cachés de empresas artÃsticas", di Pichel e lembra que neste sentido xa están traballando desde a Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza (FAETEDA). Outra das reivindicacións pendentes que eles defenden desde o teatro é a suba dos cartos públicos dedicados ás artes escénicas en Galicia co obxectivo posto en que sexa de polo menos 0,50 euros por habitante de achega pública para produción de espectáculos, "estamos nun 0,31 en Galicia e no PaÃs vasco están en un euro e pico por habitante". Tamén desde o sector musical Manuel Alonso mantén unha lista de reivindicacións de calado aÃnda pendentes tras esa baixada impositiva como por exemplo a tramitación e aprobación do Estatuto do Artista Profesional, o aumento das axudas á distribución ou a inserción dos estudos superiores de música no eido da educación universitaria.