Xa hai galardóns de honra e recoñecemento outorgados para a XIVª edición deste ano do festival de audiovisual de Cans, que se celebrará entre o 24 e ao 27 de maio. Miguel de Lira recibirá o Premio Pedigree 2017 "polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do paÃs e por ser imprescindible no panorama audiovisual galego actual". A asemblea da Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2017, o seu máximo galardón honorÃfico, ao actor Miguel de Lira (Lira, 1964), que conta cunha filmografÃa de máis de vinte filmes. A organización lembra que De Lira foi intérprete e ás veces tamén cómplice de filmes de éxito e representativos do cinema galego recente como "Galatasaray-Depor" de Hannes Stohr, "A esmorga" de Ignacio Vilar, "Os Fenómenos" de Alfonso Zarauza, "Somos gente honrada" de Alejandro Marzoa ou "Crebinsky" de Enrique Otero, pelÃcula pola que recibiu o premio ao mellor actor protagonista nos Mestre Mateo 2010. Pero, ademais da súa traxectoria en longametraxes, Miguel de Lira é un actor versátil, que ten traballado en curtas, na televisión e no teatro. Fiel seguidor e difusor do Festival de Cans desde a primeira edición, lembran, "Cans quere contribuÃr deste xeito a recoñecer o traballo dun actor que consideramos imprescindible no panorama do audiovisual galego actual".
Asà mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os ChimpÃns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o apoio que unha personalidade lle outorga ao festival e mais o labor dos veciños e veciñas de Cans, a Jorge Coira, profesional do sector audiovisual que ten traballado no espallamento, difusión e fomento do Festival de Cans participando nel en pasadas edicións como xurado ou como ponente en “Cans do futuro” ante as novas xeracións de creadores e creadoras, e a Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano de todos os que levan a cabo esa tarefa no festival. Todos eles recollerán o seu premio na “Noite das Homenaxes” que se celebrará o venres 26 de maio no Torreiro de Cans. O acto rematará coa colocación de estrela de Miguel de Lira. Ademais a organización do evento comunicou que o festival bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 235 producións galegas, o que supón case un 10% de incremento con respecto á edición anterior, na que chegaran 215 traballos. Divididas por categorÃas recibÃronse un total de 147 curtametraxes de ficción e non ficción, 15 de animación e 73 videoclips.