O escritor Xosé Antonio Perozo foi escolleito pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) para presidir esta entidade nos vindeiros dous anos. Perozo, actual presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), lidera unha directiva anovada na que se integran os presidentes das asociacións homólogas de linguas minorizadas, e substitúe no cargo a Reina Duarte. Como proxectos para o mandato, o novo presidente prevé continuar con proxectos xa consolidados como o Premio Lazarillo e o Andersen e impulsará novas iniciativas "co obxectivo de situar a literatura infantil e xuvenil no posto relevante que merece dentro do sector do libro, non só pola súa calidade senón tamén pola produtividade e o valor económico que representa e pola cantidade de lectores aos que chega".