Quiosco: Cuadernos de Estudios Gallegos número 129

O número reúne once estudos monográficos e catro recensións

A publicación anual Cuadernos de Estudios Gallegos, editada pola delegación galega do Consejo Superior de Investigaciones Científicas e dirixida por Eduardo Pardo de Guevara ven de presentar o seu número 129 que xa pode consultarse en liña a través de Internet. Este número reúne once estudos monográficos e catro recensións. Entre os estudos está un monográfico Rubio Martínez e Miguel García Fernández dedicado ás derradeiras vontades de Lope Gómez de Marzoa, home vencellado á creación da Universidade de Santiago. Tamén se publica o estudo de Mar Llinares sobre “La religión en la cultura castreña: estado de la cuestión”.