O Arquivo de Galicia, situado na Cidade da Cultura, recibiu onte con acto protocolario a entrega dun fondo documental histórico procedente do desaparecido Banco Gallego. Máis de 600 libros con todo tipo de documentación de bolsa, de factura, de billetes, de caixa ou de negociados, e tamén as copias das cartas do Banco Gallego, nas que se recolle a cultura de comunicación e de relación da empresa.forman parte deste fondo que estarán á disposición das consultas no arquivo público. O préstamo en comodato non supón un cambio na propiedade dos documentos, que son actualmente da Fundación do Banco Sabadell que adquiriu a entidade galega ao FROB en 2013, pero si unha universalización no seu acceso. Actualmente o Arquivo de Galicia custodia outras coleccións senlleiras como a da Banca Bengoechea ou a da familia Vilariño Pintos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu a entrega por parte dos responsables da fundación. O responsable do Goberno galego trasladou o desexo de que os case 3000 libros que constitúen o arquivo histórico do Banco Gallego acaben repousando no Arquivo de Galicia, e constituÃr asà unha das coleccións estrela albergadas pola Cidade da Cultura. Ademais do valor histórico, Feijóo puxo de manifesto o gran valor destes fondos como testemuñas dun fenómeno que caracterizou boa parte da nosa historia: a emigración a América. Ao respecto, aseverou que, a través da súa pegada, se poderá coñecer o papel que desenvolveu a banca na vida dos galegos desde 1760 ata o inicio do século XX, desde todos os puntos de vista: o dos clientes, pero tamén os dos propios fundadores do banco, que desenvolveron unha intensa actividade industrial e comercial en ámbitos como a fabricación de coiros, as conservas ou a obra pública.