O Pub Invictus da estrada acollerá este sábado a presentación do novo disco da banda EsquÃos. Nunca choveu que non escampara será o noveno álbum desta prolÃfica banda de punk rock na súa década longa de existencia. Para a gravación do disco a banda repetiu nos estudios Bonhan da Coruña, onde xa fixeran o anterior traballo, e o proceso fÃxose ao vivo. AÃnda que manténdose fieis nas letras ao seu espÃrito de crÃtica social e combativa a banda asegura que este LP e o "máis variado e posiblemente máis melódico e psicodélico" dos seus traballos e que con entran nun novo estilo que dan en chamar "rock psicotrónico". Tras desta presentación EsquÃos actuarán o vindeiro 8 de marzo na Sala Malatesta de Santiago, como parte do programa do festival Desafogha.