O Play-Doc contará co programador estadounidense Jake Perlin

O festival tudense terá como convidado o director franco-canadiense Dominic Gagnon

28/2/2017 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces

Jake Perlin, director artístico e programador da prestixiosa sala Metrograph de Manhattan, participará na vindeira edición do Play-Doc. O festival de documentais que se celebrará en Tui entre os vindeiros 22 e 26 de marzo incluirá no seu programa a sección The Wrong Revolution, composta por cinco filmes cos que propón "unha mirada que profundiza nas raíces dos múltiples problemas da sociedade norteamericana", segundo explica a organización do evento. O proxecto parte do traballo do director franco-canadense Dominic Gagnon, ao que o Play-Doc dedica unha retrospectiva, para seguir "o camiño que levou ao país máis poderoso do mundo á súa actual situación".
Precisamente Gagnon será o convidado especial desta décimo terceira edición, cunha retrospectiva que repasa o seu traballo de montaxe a partir de material atopado en Internet. Entre estes filmes poderán verse as obras Big Kiss, Good Night, RIP in Pieces America e Pieces and Love All to Hell. O propio director achegará unha clase maxistral de catro horas na que amosará fragmentos do seu vindeiro filme.

Nesa liña encontro verá tamén reforzada a súa oferta formativa, para a que está aberta xa a matrícula. Deste xeito, Marta Andreu participará no encontro titulado Retrato Fílmico - El Primer Gesto Documental. Como novidade, haberá un obradoiro de iniciación ao formato Super 8 e mais o xa habitual seminario da crítica.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares