Xosé Luís Axeitos é o director de Follas novas, a nova revista de estudos da Fundación Rosalía de Castro. O novo número ach3ega unha visión crítica da obra en prosa de Rosalía a cargo de especialistas como Carmén Fernández-Pérez Sanjulián, Kathleen N. March, María López Sández, Francisco Rodríguez Sánchez e María Pilar García Negro. Na sección «Documentos» María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda exhuma unha carta de Alfredo Vicenti a Manuel Murguía e outra deste último á propia Rosalía é analizada por Diego Rodríguez González. Outras seccións como «Recensións», «Bibliografía», «Varia» e «Casa de Rosalía» completan os seus contidos.