Vigo inicia a súa terceira fase de murais urbanos

A proposta inclúe a trece artistas e doce novos murais

Cun orzamento de 450.000 euros, o concello de Vigo iniciará a súa terceira fase de murais urbanos. A administración local viguesa xa seleccionou 12 medianeiras e fachadas que serán intervidas este verán con arte, e xa ten unha lista de 13 artistas de diferentes nacionalidades que participarán nestas intervencións, entre os que se atopan Mona Caron, Hazur, Iria Blanco ou Ana Santiso. Ao mesmo tempo, o concello divulgará a través de apps e outros métodos o street art vigués. Esta é a terceira campaña de embelecemento de medianeiras que Vigo leva a cabo desde 2015.