Kiosco: Ouve! nº00

Un novo fanzine trimestral en papel que buscará informar do panorama musical

Capa do número 00 do fanzine
Capa do número 00 do fanzine
O primeiro número do novo fanzine en papel Ouve! distribuirase gratuítamente durante o festival da candeloria, en Lugo, esta fin de semana. Alén dos 1000 exemplares que se repartirán na Candeloria, tamén se distribuirá por centros sociais e locais do país. Gratuíto, cunha periodicidade trimestral, Ouve! achegaranos a actualidade da música galega. Ouve! nace do traballo de Xose Manuel Rodríguez, membro da organización do Ponte Louco do Castro de Caldelas, e tamén conta participación de Daniel Lavesedo, un dos fundadores de GZmúsica, e de Paula Fernández. Neste primeiro número conta cun varias colaboración como as de Lety GF, Xabicas e Lucía Mallo nas fotografías e Miguel Duarte, Saínza Murias, Brais Arroutado e Antonio Pazos con diversos textos. No seu Editorial este primeiro número preséntase en sociedade declarándose " fillas non recoñecidas da Bravú!, netas guerrilleiras do Cuco de Velle, e irmás pequenas do estourido da música galega do século XXI.” O número Cero inclúe unha entrevista con Os Cuchufellos, a crónica O meu primeiro, un repaso a Os 15 mellores discos da música galega do S. XIX e os textos O ano festivaleiro, Vivimos das subvencións?, Keltoi, sons da rúa e Unha vida en 20’’


Ligazóns