O LGx15 pon na rede todos os vídeos da súa última edición

As intervencións de Marcus Fernández e Helena Ferro completan a listaxe

Logo de varias semanas de os publicar aos poucos, a iniciativa LGx15, Ideas para o futuro da lingua ten xa dispoñibles no seu web a totalidade das charlas que fixeron parte da última edición desta iniciativa. Os vídeos comunicador tecnolóxico Marcus Fernández e da artesá Elena Ferro foron as últimas incorporacións a unha listaxe que inclúe tamén as intervencións de Mark Wiersma, Belén Regueira, Rosalía Fernández Rial, Diana Fernández e David Díaz, Alberte Lamazares e María Yañez. A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que organiza esta iniciativa, publicou tamén un vídeo resumo da xornada que se celebrou en Compostela o pasado mes de novembro.