Ramón Villares obtén o Premio Puro Cora

Concédeo o grupo El Progreso

O Grupo El Progreso concedeu onte o Premio Puro Cora a Ramón Villares, historiador e Presidente do Consello da Cultura Galega, "en recoñecemento ao conxunto da súa traxectoria profesional". Para o director xeral de El Progreso, José de Cora, "o premiado é unha das figuras máis destacadas da intelectualidade galega". Villares manifestou a súa satisfacción por este premio e sinalou que el aprendeu a ler nas páxinas en El Progreso.