Teatro do Noroeste estrea Estado de graza

A obra de teatro abre mañá en Narón

A obra de teatro abre mañá en Narón
Estado de graza: Epifanía da mala filla é o título da nova obra teatral de Teatro do Noroeste. Escrita e dirixida por Eduardo Alonso, a obra céntrase na historia de catro mulleres no tardofranquismo, de dúas xeracións distintas "que nunca estiveron tan separadas ideoloxicamente", entre unha filla que busca a liberdade e unha nai de fortes crenzas relixiosas. O elenco está composto por Luma Gómez, Inma António, Manuela Varela e Nini True. Estado de graza estréase mañá venres no Teatro Municipal de Narón.