Acaba de rematar o ano no que se celebrou o cincuenta aniversario do pasamento de Castelao. Por iso, a fundación que leva o seu nome fai balance dos actos do 2000 e presenta un proxecto ambicioso que precisa do apoio e colaboración doutras institucións: é a elaboración dunha biografÃa, a continuación co proxecto do museo virtual e a edicción facsÃmile da súa obra "Os dous de sempre".
Proxectos
A Fundación Castelao segue no seu empeño de divulgar a figura de Alfonso Daniel RodrÃguez Castelao, un dos persoeiros máis silenciados durante o franquismo. Nese sentido prepara un programa de actividades que englobará a outras institucións e organismos. Unha destas actividades implica a elaboración dunha biografÃa que pretende servir de aglutinante da cantidade de datos, artigos e documentación que está espallada en xornais, revistas e centros tanto galegos como americanos. Ademais, outros das iniciativas que se proxecta supón a edición facsÃmile dos manuscritos de "Os dous de sempre", asà como unha recompilación de viñetas e historietas de humor recollidas da colaboración do autor en "Faro de Vigo". Por último, continuarase co proxecto, xa iniciado, do museo virtual Castelao.
Homenaxe
Os actos conmemorativos do cincuenta aniversario do pasamento de Castealo (Rianxo,1886- Bos Aires,1950) rematarán este domingo no Panteón de Galegos Ilustres do Museo do Pobo Galego. O acto consistirá nunha ofrenda floral ante os restos de Castelao o domingo ás 12 do mediodÃa, como colofón a unha visita guiada sobre a vida e a obra de Castealo.
Por outra banda, o 27 de xaneiro diante do busto de Castelao en Rianxo, no dÃa no que se celebran os 25 anos da instalación do por parte do Padroado de Cultura Galega de Montevideo, haberá unha nova homenaxe