Isaac Xubín faise co V Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

A obra gañadora foi "A cadencia da fractura"

19/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Onte pola tarde fallouse o V Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, convocado polo concello de Fornelos de Montes. O premio distinguiu a obra A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, sobre un total de vinte e sete traballos presentados. O xurado destacou da obra "a proposta para reinterpretar conceptos esenciais coma o do corpo, tanto individual coma social, así coma o convite que cursa para unha intervención o mesmo no eido propiamente do poético coma no do real".

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Isaac Xubín, Isaac Xubín, Poesía

Claves

Protagonistas
Conceptos