Os fotógrafos do país organízanse na Asociación da Fotografía Galega

Tono Arias é o primeiro presidente da entidade, constituída o pasado 13 de xaneiro

Cunha asemblea na Escola Antonio Faílde de Ourense constituíase, o pasado 13 de decembro a Asociación da Fotografía Galega (FOG). A entidade, segundo recolle Galicia Confidencial, nace coa intención de "recuperar o valor capital e a función transcendental da fotografía como arte, medio de información, documento social e histórico, e activo cutural e económico; dignificar e defender os intereses da profesión e devolver os fotógrafos ao lugar que lles corresponde, a primeira liña de acción, para contar pequenas e grandes historias en imaxes". A asociación apunta como unha das súas primeiras tarefas elaborar unha diagnose sobre o estado do sector en Galicia, no que detecta un alto grado de intrusismo e vulneración dos dereitos de autor.

A primeira directiva da FOG está composta por Tono Arias como presidente, Tamara de la Fuente como secretaria, Iván Nespereira, como tesoureiro e Iria Rivas, Pilar Abades, Nacho Gómez e Luís Díaz nos postos de vogais por cada unha das provincias do país. A nova asociación está aberta tanto a profesionais como afeccionados á fotografía, segundo salienta o seu presidente.