Álex Fernández presenta Brisa en Valencia

O batería galego de jazz lanza o seu terceiro traballo

10/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A discográfica Fresh Sounds publica Brisa o terceiro LP da carreira do batería cangués Iago Fernández. O que xa está considerado un dos mellores baterías de jazz do Estado inclúe nesta ocasión na súa formación a Enrique Oliver, Wilfried Wilde e Reinier Elizarde, aos que se suman Zé Pedro Coelho, Xan Campos e Inês Sousa. Entre todos achegan nove temas novos dos cales son da súa propia autoría. Canda a eles, gravou When I Fall in Love de Victor Young, Conception de George Shearing e Everything I Love de Cole Porter. A sala Jimmy Glass de Valencia será a primeira parada na xira de presentación, na que Fernández se acompaña de Javier Vercher ao saxo, Wilfried Wilde á guitarra, e Demian Cabaud ao contrabaixo.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valencia, Jazz

Claves

Conceptos
Lugares