Quiosco: número 5 da revista Bradomín

Está dedicado ao teatro de Valle-Inclán

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Quiosco: número 5 da revista Bradomín

Onte presentouse o quinto volume da revista Bradomín, composto por cinco traballos doutros tantos especialistas ao redor da relación entre Valle-Inclán e o teatro. Participan Manuel Vieites (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Xaquín Núñez Sabarís (Universidade do Minho), Gabriela Rivera Rodríguez (Universidade de Vigo), Héctor Paz Otero (Universidade de Santiago) e Inmaculada López Silva, profesora tamén na Escola Superior de Arte Dramática. Ademais, este número inclúe unha achega interdisciplinar a través das pinturas e debuxos do ferrolán Pedro Castro Couto, que ilustran a parte final da publicación.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Xaquín Núñez Sabarís, Xaquín Núñez, Universidade do Minho...