Os alumnos galegos son os que dispoñen de máis libros no fogar

O informe PISA sitúa a Galicia como a comunidade destacada en España

29/12/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Educación
23 lecturas | Compartido 0 veces
Segundo datos do informe PISA de educación 2015 os alumnos galegos son os que dispoñen de máis libros na casa de entre os de todas as comunidades autónomas. O dato coñeceuse esta semana nunha nota feita pública por Europa Press a partires dos resultados do informe. O 33% dos alumnos galegos de 15 anos afirma que conta con máis de 200 libros na casa, dous puntos por riba dos seguintes en porcentaxe que serían os vascos e tres por riba de aragoneses e madrileños. Andalucía pecha a lista con un 16%. A media nacional estaría nun 22% e da da OCDE e UE no 22% de alumnos de quince anos con máis de 200 libros dispoñibles no fogar. Segundo apuntan os autores do informe, se o número de libros dos que dispón o alumno supera os 200 a súa puntuación media en Ciencias adoita ser de media 542 puntos, 122 puntos máis que os que teñen dez ou menos libros dispoñibles no fogar.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos